A OVELLA ENGRACIA.
O pasado 24 de abril o alumnado de Educación Infantil foi ó Pazo da Cultura para ver a obra "A ovella Engracia", un espctáculo inédito e exclusivo de María Lado, Lucía Aldao e o Seminario Permanente de Jazz, especialmente creado para O Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
Para coñecer mais do espectáculo premede aquí.
No traxecto en autobús ata Pontevedra e na cola da entrada nótase a ilusión dos nenos/as.
Premede sobre a imaxe da esquerda para ver o album de fotos.
Tivemos moita sorte e tocounos a carón do escenario.
Engracia pensa que ser ovella e moi súper aburrido. Ela come herba, durme a sesta, salta balados para adestrar... Pero iso non lle chega. O que realmente desexa a ovella e ver a lúa no alto da noite. Despoisde moito pensalo, un serán consigue despistar ao rabaño e bota a andar atrás da lúa.
Cando saíamos atopámonos con Orvil, a mascota do Salón, un lobo bo e cariñoso:
Merendamos nun parque infantil situado preto do rio. Iker puido saudar aos seus antigos compañeiros do CEIP A Xunqueira.
E ao acabar a merenda poidemos xogar. Pasámolo moi ben.
0 comentarios:
Publicar un comentario